top of page
pienso-vacas-ganado.jpg

Sistema avanzado de compra conxunta

Introdución

A maior parte das explotacións gandeiras galegas cun grado medio/alto de mecanización de procesos (alimentación, muxidura, limpeza...), contan con escasos sistemas de reporte de datos de funcionamento global da explotación que lles permitan adoptar medidas de racionalización no uso de insumos (algúns deles de escaso valor monetario pero de alto valor ambiental, como é o uso da auga coma recurso ilimitado). a causa disto, moitas realizan unha xestión pouco eficiente dos recursos de que dispoñen e malgastan insumos e enerxía.

Hoxe en día, existen as tecnoloxías necesarias para medir todos os factores e variables que determinan os valores de saúde e benestar animal, calidade ambiental, produtividade das explotacións, eficiencia enerxética e racionalización de insumos nas explotacións gandeiras. sen embargo, a implantación destas tecnoloxías resulta moi custosa e complicada para a maior parte das explotacións gandeiras de Galicia.

O proxecto consiste no desenvolvemento dun “Sistema de Diagnóstico Integral Portable”, que evitando a inversión e complexidade que representa a instalación dun sistema de sensorización fixa, permita a instalación temporal dun equipo portátil e con tecnoloxía wireless para monitorizar integralmente unha explotación gandeira ao uso: cuadra, sala de ordeño, leitería, outras instalación anexas...obtendo en continuo parámetros e factores ambientais e de manexo clave da explotación. a partires desta monitorización emitir un informe de diagnóstico completo e detallado en relación a factores de comportamento ambiental, benestar animal, e eficiencia no uso de recursos, a partires do cal se poidan establecer medidas de mellora necesarias en todos os eidos.

Introdución

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

Participantes

Beneficiarios:

  • Unión Leiteira Galega – ULEGA

  • Asociación Profesional Gandeiros de Lugo

  • A Roubada

Entidades colaboradoras:

CARTEL XUNTA SACC_GO 2024 (1).png
​RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR331B).
  • Axencia Galega de Calidade Alimentaria - Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo - CIAM

  • Psvet Dairyquality, S.L.

  • COBIDEZA Sociedade Cooperativa

  • Fundación Instituto Tecnológico de Galicia – ITG

  • Consello Regulador Das Indicacións Xeográficas Protexidas De Carne De Vacún De Galicia

Resumo do proxecto

O Sistema Avanzado de Compras Conxuntas (SACC) é unha ferramenta tecnolóxica que combina a experiencia do produtor e do distribuidor para proporcionar unha situación mais vantaxosa ao produtor respecto ao aprovisionamento aumentando así a competitividade e a rendibilidade das explotacións.

A través da innovación interactiva, Sistema Avanzado de Compras Conxuntas integrará a información procedente de dúas fontes con experiencia específica e diferenciada sobre o perfil de compras dos insumos necesarios para unha explotación leiteira.

O sistema contará cun primeiro rango de información que provén da valoración das materias primas por parte do produtor, en función da calidade e parámetros de rendemento.

O sistema SAAC terá un segundo rango de información que provén do distribuidor, que fará unha breve descrición e valoración do produto aportando a ficha técnica do mesmo.

A par􀆟r de toda a información anterior, o sistema ofrecerá un ranking de recomendacións de produtos en función dos parámetros de calidade e rendemento seleccionados previamente e o prezo dos mesmos. Para o ranking de recomendacións o sistema tamén terá en conta a zona onde se encontre o usuario que se corresponderá cuns datos de altitude, temperatura, variacións hídricas, tipoloxía de terreo, etc.

Ademais o Sistema Avanzado de Compras Conxuntas xerará unha base de datos de produtos e subprodutos que non se u􀆟licen nas explotacións, para que poidan ser adquiridos por outros profesionais do sector ou axentes interesados, fomentando a economía circular e a redución de residuos e obtendo un beneficio tanto económico como ambiental e social para a explotación de orixe que deixa de ter que xestionar ditos produtos ou subprodutos.

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é deseñar, desenvolver e implantar unha plataforma tecnolóxica que mellore a situación de negociación do produtor respecto ao aprovisionamento a través dun ranking de recomendacións de materias primas que se obtén da integración de datos provintes da valoración das materias primas por parte do produtor, e da descrición técnica por parte do distribuidor.

image.png

Obxectivo específico 1: 

Resultado

Aumentar a competitividade e rendibilidade das explotacións leiteiras a través do coñecemento de alto valor que proporciona a ferramenta desenrolada a través da experiencia compartida do produtor e do distribuidor.

image.png

Creación e desenvolvemento dun plataforma tecnolóxica que proporcionará ao gandeiro un coñecemento de alto valor para realizar unha xestión sostible e eficiente do aprovisionamento integrando a experiencia do produtor coa do distribuidor aumentando así a competitividade a a rendibilidade das explotacións leiteiras reducindo o gasto en materias primas gracias á economía de escala e a un mellor coñecemento da relación calidade-rendemento- prezo das materias primas proporcionado polo ranking do Sistema avanzado de compra conxunta, que proporcionará ao produtor unha situación mais vantaxosa á hora da negociación respecto ao aprovisionamento dos insumos.

Obxectivo específico 2: 

Xerar unha base de datos de produtos e subprodutos que poidan ser adquiridos por outros profesionais do sector ou axentes interesados conseguindo así beneficios económicos, ambientais e sociais para as explotacións de orixe, xa que deixan de ter que xestionar ditos produtos.

Base de datos de produtos e subprodutos que xa non se utilicen na explotación que poidan ser adquiridos por outros profesionais do sector ou axentes interesados, fomentando desta maneira a economía circular da explotación e a redución de residuos, e obtendo un beneficio tanto económico como ambiental e social.

image.png

Resultado

Outros obxectivos: 

  • Favorecer a resiliencia económica das explotacións mediante un sistema que proporcionará información de alto valor ao produtor que lle permita adaptarse e planificar mellor o aprovisionamento.

  • Contribuír á loita contra o cambio climático, mediante a priorización da utilización de sementes adaptadas a novas meteoroloxías, e a utilización de combustibles e enerxía renovables.

  • Promoción de prácticas mais sostibles e eficientes que contribúan a conservación da biodiversidade.

  • Promover o coñecemento do SACC noutros sectores.

Outros resultados: 

  • Adaptación do sector ao cambio climático a través da adquisición de sementes resistentes a novas meteoroloxías.

  • Mitigación do cambio climático a través de ferramentas como o fomento de compra de combustibles e enerxías renovables e redución de uso de produtos químicos para a produción de forraxe.

  • Mellora da xestión sustentable do sector a través do fomento por parte do proxecto da compra de forraxes co selo de sustentabilidade.

  • Uso eficiente de insumos. Racionalizar a compra de insumos en base os históricos coa conseguinte redución de desperdicios e aplicación só as cantidades óptimas.

Actividades do proxecto
  • Posta en marcha, seguemento e control do proxecto

  • Recopilación Histórica de Datos e Matrices

  • Diseño Conceptual da Plataforma

  • Produción técnica da ferramenta

  • Validación da ferramenta

  • Plan de comunicación e difusión

bottom of page