top of page
redes34

Solucións enerxéticas para unhas explotacións máis sustentables



Dende hai anos o sector gandeiro está a verse inmerso nun proceso de redimensionamento, mecanización e adopción de novas tecnoloxías co obxectivo de adaptarse ás novas esixencias do mercado e poder ser máis competitio e rendible.


A demanda enerxética é un factor directamente ligado á competitividade das explotacións, polo que será necesario levar a cabo medidas que contribúan ao aforro e ao avance da eficiencia enerxética.


A demanda enerxética dalgunhas explotacións gandeiras será diferente en función dos factores que presente cada tipo de explotación, tales como:


  • Necesidades climáticas segundo a especie, a idade e o estado fisiolóxico do gando.

  • Condicións climáticas da comarca.

  • Particularidades locais da zona.

  • Relación custo-eficacia dos elementos e máquinas que compoñen a instalación.


Por iso, hoxe imos falar dalgunhas medidas que poden contribuír ao avance da eficiencia enerxética e o aforro nas instalacións gandeiras.


A sostibilidade dunha granxa ten que ver con diversos factores, como a recollida e almacenamento de residuos, a compostaxe, a xestión de plásticos de uso agrícola (PUA), e o aforro e eficiencia enerxética das súas instalacións a través do illamento, a orientación das naves, a implantación de barreiras vexetais, a regulación dos equipos de aire acondicionado ou a realización de auditorías enerxéticas.


Porén, existe outra vía posible á hora de procurar a sostibilidade das explotacións: a utilización das enerxías renovables.

As instalacións solares fotovoltaicas poden ser basicamente de dous tipos:

  1. Instalacións illadas, orientadas fundamentalmente a aplicacións de bombeo, sinalización, comunicacións e electrificación rural, ou

  2. Instalacións conectadas á rede, orientadas á venta de enerxía eléctrica e autoconsumo.

Cabe destacar o aumento da presencia no mundo agrogandeiro para a ventilación, climatización e irrigación das explotacións.


A enerxía solar térmica tamén é coñecida como enerxía termo solar. Tal e como o seu nome indica, este tipo de enerxía aproveita a calor dos raios do sol en instalacións adecuadas que transfiren esta calor a algún tipo de fluído e que despois se utiliza para xerar calor.


Os seus principais usos domésticos son a calefacción o quecemento de auga, pero tamén pode ser empregada en procesos industriais que requiren calor, como a pasteurización, o cociñado ou a desinfección.


A biomasa agrícola/gandeira é un subproduto que tamén pode empregarse para xerar enerxía, ben para autoconsumo ou abastecemento das propias instalacións ou para o seu volcado á rede enerxética nacional.


As caldeiras de biomasa alimentadas por pellets, leña, residuos de podas, ósos de oliva, etc. son as mais recomendadas para as explotacións agrogandeiras xa que se adaptan perfectamente a maioría dos requirimentos de calor do sector.

4 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page