Xornadas
"A produción de leite e os seus derivados"
Introdución
A maior parte das explotacións gandeiras galegas cun grado medio/alto de mecanización de procesos (alimentación, muxidura, limpeza...), contan con escasos sistemas de reporte de datos de funcionamento global da explotación que lles permitan adoptar medidas de racionalización no uso de insumos (algúns deles de escaso valor monetario pero de alto valor ambiental, como é o uso da auga coma recurso ilimitado). a causa disto, moitas realizan unha xestión pouco eficiente dos recursos de que dispoñen e malgastan insumos e enerxía.
Hoxe en día, existen as tecnoloxías necesarias para medir todos os factores e variables que determinan os valores de saúde e benestar animal, calidade ambiental, produtividade das explotacións, eficiencia enerxética e racionalización de insumos nas explotacións gandeiras. sen embargo, a implantación destas tecnoloxías resulta moi custosa e complicada para a maior parte das explotacións gandeiras de Galicia.
O proxecto consiste no desenvolvemento dun “Sistema de Diagnóstico Integral Portable”, que evitando a inversión e complexidade que representa a instalación dun sistema de sensorización fixa, permita a instalación temporal dun equipo portátil e con tecnoloxía wireless para monitorizar integralmente unha explotación gandeira ao uso: cuadra, sala de ordeño, leitería, outras instalación anexas...obtendo en continuo parámetros e factores ambientais e de manexo clave da explotación. a partires desta monitorización emitir un informe de diagnóstico completo e detallado en relación a factores de comportamento ambiental, benestar animal, e eficiencia no uso de recursos, a partires do cal se poidan establecer medidas de mellora necesarias en todos os eidos.
Introdución
Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.
Introdución
Dende a fin da cota láctea no ano 2015, a produción de leite galego veuse incrementada en máis dun 14%. Porén, a gran dependencia que ten a produción de leite, do sector do cereal, fai preciso que, na medida do posible, as explotacións deseñen estratexias que engadan valor as súas producións.
A elaboración e produción de queixos, manteiga, xeados ou kefir, poden ser unha oportunidade innovadora que permita modernizar as producións e renovar o sector na provincia.
Estas actividade está encamiñada a fomentar a produción de leite e os seus derivados para contribuír á mellora dos resultados das explotacións lácteas e ao desenvolvemento das zonas rurais onde se asentan.
Xornadas e exposicións formativas na provincia da Coruña ao longo do ano 2022 para todas as persoas interesadas no sector e nos xeitos de engadir valor ao produto a través da elaboración de derivados
Obxectivos
-
Informar sobre a potencialidade do leite ecolóxico e os seus derivados na provincia de Pontevedra, a nivel social, económico e medioambiental
-
Impulsar a creación do emprego, contribuíndo á creación de empresas ecolóxicas modernas dentro do sector lácteo, e mellorar a empregabilidade no sector da elaboración e transformación do leite ecolóxico
-
Apoiar e incentivar aos mozos e mozas da provincia con interese na vida no rural
Destinatarios
-
Gandeiros produtores de leite
-
Mozos e mozas con interese no rural e en incorporarse ao sector
-
Outras persoas interesadas